ESPECIALISTAS EN ONCO-CARDIOLOXÍA DE TODO O TERRITORIO NACIONAL REUNIRANSE A PARTIR DESTA TARDE NA NOSA CIDADE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
10 02 2024

Hoxe venres pola tarde e mañá pola mañá, o salón de actos de AFUNDACIÓN será a sede da ¨I reunión de Cardio-Oncoloxía”, que organizada conxuntamente polos servizos de cardioloxía, oncoloxía e hematoloxía do CHUAC, reunirá na nosa cidade aos máis destacados especialistas a nivel nacional destas especialidades médicas.

A consulta específica de cardio-oncoloxía, existente no CHUAC dende o ano 2021, experimenta un incremento progresivo anual no número de pacientes seguidos e tratados debido ao desenvolvemento de novos fármacos e estudios oncolóxicos con potenciais toxicidades cardiolóxicas.

Traballando xuntos, o lema escollido nesta ocasión para resumir o enfoque multidisciplinar desta reunión, na que participan máis de 100 profesionais vidos dende os mais importantes hospitais do territorio nacional.

Nesta primeira reunión, centrada na prevención, coidado e tratamento do paciente oncohematolóxico, participarán como relatores das sesións científicas algúns dos máis destacados especialistas de Galicia e España.

As sesións están expostas nun formato interactivo no que primará o coloquio e debate enriquecido coa participación da audiencia.

Entre os temas a tratar atópanse as cardiotoxicidades inducidas por tratamentos oncolóxicos, como a quimioterapia, así como as estratexias para previlas e tratalas

O xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee, Luis Verde, que presidiu o acto de inauguración desta xornada, destacou “o enfoque interdisciplinar e transdisciplinar da actividade asistencial, que será o que aporte verdadeiro valor. De igual xeito que as organizacións sanitarias modernas deixaron de centrarse nos episodios, para abordar os procesos no seu conxunto.” “Xa non basta con medir canto facemos, e con qué o facemos, senon que queremos saber o resultado do que facemos

A tarde do venres a xornada estará centrada na cardiotoxicidade en cardioloxía, expoñéndose as principais novidades da especialidade por profesionais de primeiro nivel de Cardioloxía e Oncoloxía de diferentes centros galegos e nacionais, incluíndo dúas charlas maxistrais do Dr. De Castro (vicepresidente SEOM) e Dr. Martín (Hospital Salamanca).

Xa na xornada do sábado as mesas redondas estarán enfocadas na cardiotoxicidade nos tratamentos hematolóxicos e a anticoagulación e tromboses no paciente oncolóxico, incluíndo conferencias de facultativos especialistas en cardioloxía, hematoloxía e medicina interna.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde