A ÁREA SANITARIA DE VIGO UNIFICA AS CONSULTAS EXTERNAS DE SAÚDE MENTAL INFANTO XUVENIL NO HOSPITAL NICOLÁS PEÑA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
17 02 2024


A Área Sanitaria de Vigo unificou as consultas externas da Unidade de Psiquiatría Infanto-xuvenil no Hospital Nicolas Peña. Así, a partir do próximo luns día 19 a Unidade emprazada no hospital Alvaro Cunqueiro vaise trasladar ás instalacións reformadas do hospital da Avda. Camelias.

O servizo de Admisión xa avisou a todos os pacientes citados ata o mes de maio deste cambio de emprazamento, que non conleva modificación algunha do día e hora de citación.

No novo dispositivo, a unidade contará con mais capacidade, cunhas instalacións máis amplas e mellor dimensionadas para a atención destes menores. Así, disporán do dobre de consultas, pasando das 5 do Álvaro Cunqueiro ás 10 actuais, ademais dunha sala de terapia grupal. 

Segundo explica o xefe do servizo de Saúde Mental, Jose M. Olivares “o obxectivo desta reorganización é centralizar toda a atención psiquiátrica ambulatoria infantil e aproximala ao centro da cidade, ofertando así unha mellor accesibilidade e posibilitando unha maior continuidade asistencial, dado que no Nicolas Peña tamén está ubicado o Hospital de Día para estes pacientes”.

Maior especialización

O novo dispositivo permitiu incrementar o persoal coa incorporación dunha enfermeira especializada en saúde mental. En total, esta unidade será atendida por 4 especialistas en psiquiatría, 4 psicólogos, 1 enfermeira, 1 TCAE, 1 traballadora social e 1 administrativo. 

Esta reorganización posibilitará realizar programas especializados, con axendas médicas específicas para atender patoloxías como trastornos da conduta alimentaria ou ou do espectro autista, entre outras.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde