​GALICIA E CATALUÑA REÚNENSE PARA INTERCAMBIAR EXPERIENCIAS NA ATENCIÓN A PACIENTES CRÓNICOS COMPLEXOS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
24 02 2024
 


A directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Consellería de Sanidade, Sofía López Linares, reuniuse esta semana, de xeito telemático, co equipo de atención integrada social e sanitaria de Cataluña, para compartir os proxectos e innovacións que se están a a desenvolver en ámbalas dúas   comunidades.

Nesta reunión destacouse a importancia que ten dispoñer en Galicia dunha historia clínica electrónica única (IANUS5), que é o elemento clave para prestar unha atención homoxénea e estandarizada é con criterios de calidade, permitindo a participación de todos os profesionais implicados que  comparten a mesma información en tempo real.

Así mesmo, indicouse que Galicia dispón dun único rexistro electrónico de todos os usuarios das residencias galegas de maiores e persoas con discapacidade.  

Así mesmo, describiuse na xuntanza o modelo de atención ao paciente crónico complexo e/ou avanzado, que supón unha atención proactiva e de asistencia coordinada entre profesionais sanitarios e sociais de atención primaria, atención hospitalaria e centros sociosanitarios, establecendo novos roles e circuítos asistenciais. 

Na reunión, a directora xeral estivo acompañada de Patricia Blanco e Consuelo Benito Torres, da Dirección Xeral de Planificación; e de Fernando Santos da Subdirección Xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información. 

Por parte da representación de Cataluña, participou na xuntanza Jordi Amblas Novellas, director de atención integrada social e sanitaria, Concepción Barbeta, Joan Carles Contel e Ana Maria Fite. 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde