​O CONSELLEIRO DE SANIDADE EN FUNCIÓNS PARTICIPA NA II EDICIÓN DA CARREIRA “CorreMOS CONTRA O CANCRO”
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
26 02 2024
 

O conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña, participou está mañá na II edición da andaina “CorreMOS contra o cancro”.

Así, e por segundo ano consecutivo, o titular da carteira sanitaria da Xunta participa neste evento que organiza a Asociación Española Contra o Cancro, en colaboración co Concello de Mos.

Tanto no caso da carreira, como no da andaina, o obxectivo é recadar fondos para a loita contra o cancro, ademais de concienciar á poboación sobre a importancia de adoptar hábitos de vida saudables para previr esta enfermidade. 


EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde