​O 061 DE GALICIA ASISTIU 71 PERSOAS POR 48 ACCIDENTES DE TRÁFICO DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
26 02 2024

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 71 persoas debido a 48 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 23 de febreiro, ata as 23,59 horas do domingo, 25 de febreiro. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 19 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 72 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 48 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 71 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 54% e do 46% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 39% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 22 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia

Accidentes

A Coruña

22

Lugo

2

Ourense

5

Pontevedra

19

Galicia

48

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 61. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en seis accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 49 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes.

En 59 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en nove ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e tres persoas faleceron no punto.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde