COMESAÑA DESTACA O PAPEL CLAVE DO PERSOAL DE ENFERMERÍA NA DETECCIÓN DAS NECESIDADES DOS PACIENTES
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
01 03 2024

O conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña, destacou hoxe o labor fundamental que leva a cabo o persoal de enfermería no desenvolvemento das organizacións sanitarias. Así o remarcou na Cidade da Cultura, na inauguración da II Xornada de debate: xestión do cambio e liderado, que organiza a Asociación Nacional de Directivos de Enfermería, acto que contou, así mesmo, coa presenza de Jesús Sanz, presidente desta asociación, e de María Jesús Pérez, vocal de ANDE e directora de enfermería da área sanitaria de Lugo.

Segundo sinalou o conselleiro, os profesionais da enfermería teñen unha visión estratéxica que debe ser tida en conta na planificación sanitaria, polo seu coñecemento, competencias, e pola proximidade que teñen cos pacientes, xa que, no caso de atención hospitalaria, están durante 24 horas e 365 días ao ano en contacto con eles, o que lles permite que sexan claves detectando as necesidades dos doentes e, deste xeito, poder formar parte de estratexias encamiñadas a mellorar a atención. 

Tanto en atención primaria como en hospitalaria desenvolven, -proseguiu Comesaña-, un labor destacado de coordinación que facilita a continuidade asistencial dos pacientes entre os dous ámbitos.

Para rematar a súa intervención, o conselleiro incidiu en que o persoal de enfermería xestiona todos os días persoas e recursos que son indispensables para o bo funcionamento das organizacións sanitarias e para prestar unha atención sanitaria de calidade á cidadanía.

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde