​DIRECTIVOS DO SERGAS EXPLICAN AOS SEUS HOMÓLOGOS VALENCIANOS OS ÚLTIMOS AVANCES TECNOLÓXICOS POSTOS EN MARCHA POLA SANIDADE PÚBLICA GALEGA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
01 03 2024


O conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña, participou esta mañá na primeira parte da xuntanza bilateral que directivos do Sergas mantiveron con representantes do sistema sanitario público da Generalitat Valenciana, e na que se informou sobre as diferentes estratexias e programas que ten posto en marcha o Servizo Galego de Saúde.

Así, o secretario autonómico de Planificación, Información e Transformación Dixital,   Bernardo Valdivieso; e a subdirectora xeral de Tecnoloxías da Información e  Comunicacións para a saúde da Consellería de Sanidade valenciana, María José Tarazón Muñoz, achegáronse ata Galicia para interesarse sobre os últimos avances implementados na Sanidade galega, especialmente, no eido das novas tecnoloxías.

Na compaña da secretaria xeral técnica da consellería e Sanidade, Natalia Lobato; e a directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Sofía Lopez Linares; os directivos do Sergas explicaron polo miúdo o modelo de Atención domiciliaria galego, o sistema de Xestión Integral da Demanda en Equipo (XIDE), e outros aplicativos  vencellados as novas tecnoloxías no ámbito sanitario, como é o caso de INAUS, HEXIN e TELEA. 


EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde