O SERGAS PUBLICARÁ A VINDEIRA SEMANA UNHA NOVA CONVOCATORIA PARA SOLICITAR O GRAO INICIAL DE CARREIRA PROFESIONAL
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
02 03 2024

Na reunión da comisión de seguimento de carreira profesional celebrada onte venres no Edificio Administrativo do Sergas, na que participou a Dirección Xeral de Recursos Humanos e os sindicatos asinantes da carreira profesional CIG; CSIF; UGT e SATSE,  tratáronse diversos aspectos relacionados coa marcha da carreira profesional, froito de dous acordos acadados na Mesa Sectorial.

Sinalar que, nesta nómina de febreiro, se teñen abonado máis de 9.300 recoñecementos de novo grao de carreira profesional correspondentes á convocatoria aberta no ano 2023. Ademais, a Administración informou que está previsto que se publique o día 6 de marzo unha nova convocatoria de acceso para solicitar o grao inicial e, deste xeito, poder acceder a novos graos, o que afectaría a preto de 6.000 profesionais, entre eles persoal residente en formación, cara a darlle efectos retroactivos co obxecto de que poidan computar o tempo de permanencia e optar antes á carreira profesional, mellorando os efectos da mesma. 

Tamén se trataron adaptacións de baremos e avaliación dos mesmos, concretamente para situación de IT de longa duración, entre outros supostos. Xunto ao anterior, a Administración levou á mesa o seu compromiso de revisar baremos e incrementar a puntuación prevista para titores de formación profesional cara á implantación da nova formación dual e para impulsar e promover a participación do persoal técnico de rama sanitaria. 

Igualmente, a Administración informou de que está a iniciar o estudo para a negociación de posibles melloras nos anos de permanencia esixidos para titores de persoal de formación sanitaria especializada de hospital, tal como se aplicaron para atención primaria, así como tamén doutros colectivos. 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde