​O 061 DE GALICIA ASISTIU 87 PERSOAS POR 59 ACCIDENTES DE TRÁFICO DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
04 03 2024

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 87 persoas debido a 59 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 1 de marzo, ata as 23,59 horas do domingo, 3 de marzo. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 29 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 83 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 59 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 87 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 48% e do 52% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 31% dos atendidos tiña entre 35 e 49 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 31 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia

Accidentes

A Coruña

31

Lugo

9

Ourense

4

Pontevedra

15

Galicia

59

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 74. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en oito accidentes, o helicóptero medicalizado mobilizouse nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 62 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres accidentes.

En 75 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en nove ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e tres persoas faleceron no punto.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde