​A XUNTA E A ASOCIACIÓN AS BURGAS ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROGRAMAS DESTINADOS A PACIENTES CON TRASTORNOS ADITIVOS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
04 03 2024
 

O conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña, asinou está mañá en Ourense un convenio de colaboración entre o Sergas e a asociación ourensá “As Burgas”, no marco dos programas de intervención e asistencia sanitaria a persoas con trastornos aditivos. O Servizo Galego de Saúde achegará unha partida económica de 221.529 euros para o financiamento das actividades que realiza esta asociación. 

O responsable da Sanidade galega e o presidente da Asociación “As Burgas”, Gerardo Flórez Menéndez; firmaron un acordo que contribuirá, entre outros, ao financiamento dun programa destinado á prevención de recaídas de pacientes previamente estabilizados, ou ao desenvolvemento do programa “Conta Contigo”, destinado a persoas que estiveron recluídas e en proceso de reincorporación social.

O acto contou tamén coa presencia do xerente da Área sanitaria de Ourense Verín e o Barco de Valdeorras, Félix Rubial. Durante o ano 2023, un total de 333 persoas usuarias foron asistidas ao abeiro deste convenio. En concreto, 228 homes e 105 mulleres.

A Xunta de Galicia vén de asinar un total de 9 convenios de colaboración entre o Sergas e outras tantas entidades sen ánimo de lucro para a asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e outros trastornos adictivos, até acadar os 7.764.100 euros.

Deste xeito, o Executivo galego incrementará este ano en máis de medio millón de euros o investimento dos convenios que o Servizo Galego de Saúde mantén para o desenvolvemento de programas de asistencia sanitaria especializada desde un enfoque biopsicosocial.

Na actualidade, as adiccións son consideradas unha enfermidade que require dun tratamento multidisciplinar e personalizado. Así, ante calquera problema relacionado coas mesmas, aconséllase acudir a un centro de tratamento específico directamente, ou ben, solicitar axuda aos profesionais de atención primaria, para que poidan avaliar cada un dos casos, e derivaralos aos centros que procedan.

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde