​A XUNTA COMPLETARÁ A POSTA EN MARCHA DO CIS DE LUGO CO INMINENTE INICIO DA ACTIVIDADE DA SÚA UNIDADE DE SAÚDE BUCODENTAL
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
06 03 2024
 

O conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña, visitou esta mañá as instalacións do Centro Integral de Saúde de Lugo, un acto no que anunciou a inminente posta en marcha da súa unidade de saúde bucodental, nas vindeiras semanas, e coa que se completará o traslado dos servizos asistenciais que acollerá a nova infraestrutura sanitaria.

Segundo apuntou Comesaña, o novo centro será a referencia da atención primaria lucense, ao integrar: centro de saúde, PAC, unidade de Saúde Mental e a base do 061. Unha actuación na que a Xunta investiu máis 16,5 millóns e aos que hai que engadir 1,2 millóns de euros en equipamento.

O responsable do Servizo Galego de Saúde puxo en valor o cumprimento do calendario establecido para o traslado do PAC e das consultas procedentes do centro de saúde A Milagrosa, do saúde Praza de Ferrol -Saúde Mental-; e das de fisioterapia –procedente dos centros de saúde de Fingoi, Praza de Ferrol e Milagrosa-.

Así mesmo, anunciou tamén que a o Sergas vén de adxudicar os novos equipos de Radioloxía cos que contará o CIS de Lugo, e que se instalarán proximamente.

Acompañado polo xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares; o titular da Sanidade galega destacou que con estas novas instalacións, o Executivo galego consolida a súa aposta por un modelo de atención integral que xa se está a replicar noutras cidades, como é o caso do CIS de Vigo; e que tamén serán unha realidade en Lalín e Ourense.

Tras agradecer o traballo do conxunto de profesionais deste novo centro de atención primaria, o conselleiro aproveitou a visita para destacar os criterios de sostibilidade que están a guiar as novas obras da Xunta de Galicia. Así, subliñou que estas actuacións conectan de forma estreita coa Estratexia de Economía Circular do Sergas, e que, no caso da área sanitaria de Lugo, se engaden á recente licitación -por un importe dun millón de euros-, do novo  contrato de enerxías renovables para centros da área sanitaria, no que inclúe os tres hospitais e catro centros de saúde, entre eles, o nono CIS.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde