​MÁIS DE 6.000 PROFESIONAIS DO SERGAS PODERÁN MELLORAR A SÚA PERMANENCIA NO GRAO INICIAL E ASÍ ACCEDER AO GRAO I NAS PRÓXIMAS CONVOCATORIAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
06 03 2024
 

O Diario Oficial de Galicia (DOG)​ publicou na súa edición de hoxe,  a resolución do 26 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, pola que se establece o derradeiro procedemento excepcional para presentar solicitudes de recoñecemento de Graos iniciais de carreira profesional con carácter retroactivo, e que lle permitirá aos profesionais o acceso ao Grao I nas próximas convocatorias.

Así, no seo da comisión de seguimento de carreira profesional -26 de xaneiro de 2024-, o Sergas e as organizacións CIG, CSIF, UGT e SATSE, acadaron varios acordos, entre eles, a Administración acordou  a apertura de un prazo adicional para presentar solicitudes de grao inicial con efectos retroactivos e de forma excepcional.

Deste xeito, máis de 6.000 profesionais poden mellorar a súa posición no acceso a carreira profesional cos efectos retroactivos do grao inicial. Deles, máis de 2.500 xa poderían acceder ao Grao I na convocatoria deste ano 2024.  Así mesmo, tamén poderán acollerse a esta medida os máis de 300 residentes que están nos seus últimos anos de formación, desde agosto de 2023. 

O Grao inicial con efectos retroactivos poderá solicitarse na categoría/especialidade na que a persoa interesada estea en activo (ou con reserva de praza) no prazo de presentación de solicitudes, así como en calquera outra categoría/especialidade distinta en que traballara con anterioridade.

O prazo de presentación de solicitudes de grao inicial con carácter retroactivo estará dispoñible na Oficina Virtual do Profesional(Fides/expedient-e) ata o 30 de abril de 2024.

Resulta oportuno que as persoas interesadas consulten na Oficina Virtual do Profesional(Fides/expedient-e) os seus servizos prestados, así como as datas de efecto das resolucións de recoñecemento de grao inicial (de ser o caso, nas diversas categorías ou especialidades en que prestaron servizos). E tamén no suposto de que esas solicitudes e resolucións non se correspondan cos servizos prestados, e poidan e pretendan, polo tanto, beneficiarse deste procedemento extraordinario acadando o recoñecemento dos graos iniciais con carácter retroactivo, ou mellorando a retroactividade dos Graos iniciais que xa teñan recoñecidos, deberán presentar as correspondentes solicitudes no prazo extraordinario establecido (ata o 30 de abril de 2024).

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde