O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE PUBLICA AS LISTAS DE SELECCIÓN TEMPORAL DAS CATEGORÍAS DE ENFERMARÍA DO SERGAS E DO 061
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
08 03 2024

O Diario Oficial de Galicia publicou, na súa edición deste xoves​, a relación definitiva coa orde de prelación e a puntuación obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de elaboración das listas de selección temporal das categorías de enfermeiro do Sergas e enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. A efectos de chamamentos, estas listas entran en vigor no día de hoxe 8 de marzo.

O total de persoas aspirantes admitidas por categorías foron: 18.951 enfermeira e 1.494 enfermeira da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. O número de novas inscricións en relación ao pasado ciclo é de 812 e 61 respectivamente.

As listas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de contratación de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado pola persoa aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos. 

Próximas publicacións

Proximamente publicaranse as listas provisionais das seguintes categorías: enfermeiro especialista en enfermaría de saúde mental, enfermeiro especialista en enfermaría do traballo, enfermeiro especialista en enfermaría familiar e comunitaria, enfermeiro especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica (matrona), enfermeiro especialista en enfermaría pediátrica, médico de familia, médico de urxencias hospitalarias, médico coordinador do 061, médico asistencial do 061, pediatra de atención primaria e técnico de saúde de atención primaria.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde