A XUNTA, A ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO E A “FUNDACIÓN LO QUE DE VERDAD IMPORTA” ALÍANSE PARA SENSIBILIZAR Á MOCIDADE SOBRE OS EFECTOS NOCIVOS DO TABACO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
08 03 2024

A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán; e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel; asistiron esta mañá á xuntanza convocada pola Fundación Lo que de Verdad Importa e a Asociación Española Contra o Cancro (AECC), para abordar a necesidade de sensibilizar á mocidade sobre os efectos prexudiciais que o tabaco ten para a saúde.

Tras esta reunión, o Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (PALEXCO) albergou un congreso no que diferentes mozos e mozas achegaron as súas experiencias vitais. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado interveu neste evento no que animou aos mozos asistentes a aproveitar a xornada e a desenvolver o seu talento a través das diferentes ferramentas que ofrece o Goberno galego, como os programas Iniciativa Xove, Talento Mozo ou Xuventude Mentoring.

Promoción da Vida sen Tabaco

A directora xeral de Saúde Pública, destacou os diferentes plans e accións que a Xunta de Galicai leva posto en marcha para reducir o consumo de tabaco, co obxectivo de atallar a que é a primaria causa de mortalidade e morbilidade en todo o mundo, desde o ano 1993. 

Neste senso, o Executivo galego esta a desenvolver o Programa Galego de Promoción da Vida sen Tabaco. Unha folla de ruta que engloba ás estratexias e actividades destinadas a diminuír a mortalidade e morbilidade causada por patoloxías asociadas ao consumo de tabaco, reducir o número de fumadores da nosa comunidade, asegurar o cumprimento da normativa vixente, coñecer a evolución da epidemia tabáquica, e avaliar a efectividade das medidas implantadas neste programa.

Na mesma liña, Durán incidiu na relevancia que posúe a posta en marcha de iniciativas como o “Plan Inspira Saúde”, ou a creación de espazos libres de fume -Parques e Praias-, nos concellos galegos.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde