​O 061 DE GALICIA ASISTIU 82 PERSOAS POR 60 ACCIDENTES DE TRÁFICO DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
11 03 2024

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 82 persoas debido a 60 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 8 de marzo, ata as 23,59 horas do domingo, 10 de marzo. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 27 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 79 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 60 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 82 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 55% e do 45% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 36% dos atendidos tiña entre 30 e 44 anos.

Por provincias, A Coruña e Pontevedra foron as que máis sinistros rexistraron con 25 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia

Accidentes

A Coruña

25

Lugo

7

Ourense

3

Pontevedra

25

Galicia

60


Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 76. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en oito accidentes, o helicóptero medicalizado mobilizouse nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 59 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en oito accidentes.

En 60 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 20 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde