​PRETO DO 50% DOS SERVIZOS DE ATENCIÓN PRIMARIA GALEGOS XA CONTAN CUN PLAN LOCAL DE SAÚDE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
13 03 2024
 

A Consellería de Sanidade premiou hoxe, nun acto celebrado no Edificio Administrativo de San Lázaro, os plans locais de saúde de 11 centros galegos. Os galardóns divídense en nove categorías: iniciativa innovadora, investigadora, dimensión comunitaria, atención á cronicidade, dimensión profesional, atención domiciliaria, dimensión de procesos, accesibilidade e actividade no medio rural e excelencia. 

Remarcar que preto do 50% dos servizos de atención primaria galegos xa contan cun plan local de saúde, e que a Xunta prevé completar no 2026 a implantación destes instrumentos de planificación, que adaptan a actividade dos centros de primaria ás necesidades particulares da súa poboación.

No acto, o conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña, acompañado polo equipo directivo da Consellería e do Servizo Galego de Saúde, felicitou aos profesionais dos servizos premiados: A Estrada, Sárdoma (Vigo), Vilanova de Arousa, Os Mallos (A Coruña), O Barco de Valdeorras, Castro Caldelas, Virxe Peregrina (Pontevedra), Mondoñedo, Illas Canarias (Lugo), Cedeira e Mariñamansa (Ourense), remarcando, na súa intervención, que os plans locais de saúde reflicten o compromiso dos grupos de traballo de cada servizo de atención primaria. 

Trátase, -proseguiu o conselleiro-, de equipos multidisciplinares integrados por persoal médico, de enfermería, pediatras, odontólogos e hixienistas dentais, así como persoal de nutrición, fisioterapia, farmacia, traballo social, saúde da muller ou de xestión. O éxito do seu traballo redunda no fortalecemento da atención primaria, -dixo Comesaña-.

Para o máximo responsable do Sergas, os plans locais de saúde dan paso a unha mellor organización do traballo e ao desenvolvemento da función comunitaria dos centros de saúde co obxecto de que os traballadores de cada centro participen en labores de promoción e prevención da saúde, en colaboración cos servizos do seu concello, os centros educativos, os servizos sociais, as asociacións e a cidadanía.

Radiografía da saúde da veciñanza

Na súa intervención no acto, o conselleiro remarcou que cada plan inclúe un conxunto de accións definidas por parte dos responsables dos servizos de atención primaria e, pola súa parte, as xerencias das áreas sanitarias adquiren un compromiso de colaboración e soporte, o que supón que estes plans son a mellor radiografía da saúde da veciñanza de cada unha destas localidades.

Tal e como incidiu Comesaña, a posta en marcha destes plans deriva en melloras na xestión da demanda, eficiencia, seguridade, aprendizaxe, innovación e motivación, ademais de avances na prevención e na atención ao paciente crónico e a do domiciliario. Ao respecto sinalou que os usuarios de todas as áreas sanitarias valoran os servizos con plans locais de saúde cun sobresaliente, de acordo coas enquisas realizadas pola Consellería de Sanidade.

O conselleiro tamén destacou outras medidas levadas a cabo polo seu departamento para poñer ao paciente no centro do sistema e que permiten garantir unha mellor asistencia sanitaria, entre as que citou a Estratexia de Saúde de Galicia 2030 ou a de Economía Circular.

Comesaña dixo que estes plans locais marcan unha folla de ruta que está a ser axente de cambio na atención primaria, e que levará ao seu departamento a mellorar a saúde da poboación e a eficiencia do servizo, ademais de incrementar a satisfacción dos profesionais e a calidade da experiencia do paciente. 

Para rematar a súa intervención, o conselleiro reiterou o agradecemento aos profesionais da sanidade e aos axentes sociais pola posta en marcha destes plans, que están a posibilitar a mellora da calidade asistencial dos doentes, ademais de reducir a incidencia das patoloxías máis prevalentes en cada concello, así como tecer redes de colaboración integrando o centro sanitario coa súa contorna en beneficio da saúde da poboación.

Pola súa parte, a directora xeral de Planificación Sanitaria, Sofía López Linares, destacou a posta en marcha e consolidación dos 71 plans locais de saúde que hai neste momento, 28 dos cales iniciaron a súa andaina en xaneiro deste ano. 


Centros premiados:

CATEGORÍA

CENTRO

ÁREA SANITARIA

 ENTREGA

RECOLLE

Iniciativa innovadora

O Barco de Valdeorras

Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras

D. Julio García Comesaña

Conselleiro de Sanidade


Isabel Navarro González

Coord. Enfermería

Investigación


Virxe Peregrina

Pontevedra e O Salnés

Dª. Natalia Lobato Mosquera

Secretaria xeral técnica

Coro Sánchez Hernández

X. Servizo

Dimensión Comunitaria


Os Mallos

Coruña e Cee

Dª. Carmen Durán

Parrondo

D.X. Saúde Pública

Ana Zamora Casal

X. Servizo

Atención á Cronicidade

Cedeira

Ferrol

D. Jorge Aboal Viñas

D.X. Asistencia S.

Ana Isabel Lorenzo Martínez

X. Servizo

Dimensión profesional


Vilanova de Arousa

Pontevedra e O Salnés

Dª. Ana Comesaña Álvarez

D.S. RR.HH.

Antonio Ángel Regueiro Martínez

X. Servizo

Atención Domiciliaria


Illas Canarias

Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Dª. Carmen Durán

Parrondo

D.X. Saúde P.

Rocío Sánchez de Enciso Expósito

Xestora de casos


Dimensión de procesos


Mariñamansa

Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras


D. Jorge Aboal Viñas

D.X. Asistencia S.


Rosa M.ª Salgado Ferreiro

Enfermeira


Accesibilidade Actividade no Medio Rural

Castro Caldelas

Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras


Dª. Natalia Lobato Mosquera

Secretaria xeral técnica

Carlos Moral Paredes

X. Servizo

Mondoñedo

Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Anselmo Fernández Alonso

Enfermeiro





Excelencia




A Estrada

Santiago e Barbanza



D. Julio García Comesaña

Conselleiro de Sanidade


Juan José Sánchez Castro

X. Servizo

Sárdoma

Vigo

Fernando Isidro Lago Deiba

X. Servizo



EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde