Urxencias Sanitarias de Galicia-061, servizo que coordina e xestiona
as urxencias e emerxencias sanitarias na Comunidade galega, pídelles
aos condutores precaución nas estradas ante o inicio, hoxe mércores,
dos desprazamentos polas vacacións de Semana Santa e ata o vindeiro
domingo
31
de marzo.
Cando
se produce un accidente de tráfico a persoa que se atopa no lugar do
sinistro pode ser de grande utilidade. En primeiro lugar, facilitando
ao 061 toda a información relevante, e despois, seguindo as
indicacións transmitidas polo persoal sanitario da Central de
Coordinación do 061 de Galicia ata a chegada dos recursos
especializados.
Nestas
situacións, resulta fundamental o uso da App Sergas Móbil para
chamar ao 061 porque permite xeolocalizar a súa chamada e axilizar
así a localización do punto do sinistro. Para isto, deberá haberse
rexistrado na App con anterioridade e facer a chamada desde a pestana
laranxa Chamar ao 061.
Antes
de auxiliar nun sinistro
de tráfico debe tratar de aparcar o coche nun sitio seguro, afastado
do accidente, e prender as luces de emerxencia. Poña roupa
reflectora ou rechamante, pero nunca escura. Por último, sinalice o
accidente cos triángulos de sinalización ou coa luz de emerxencia
V-16.
O
que non se debe facer nunca é poñer en perigo a propia vida. Para
iso, antes de atender os accidentados, hai que adoptar as medidas de
seguridade axeitadas, para evitar novos accidentes. Igualmente, e
salvo que haxa perigo de incendio ou novas colisións, non se debe
mover a ningún ferido, xa que poderían agravarse as súas lesións.
Balance
Semana Santa 2023
Urxencias
Sanitarias de Galicia-061 asistiu, durante a Semana Santa de 2023,
106 persoas debido a 75 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas
galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do
mércores, 5 de abril, ata as 23:59 horas do domingo, 9 de abril de
2023. O maior número de atencións por sinistros rexistrouxe o xoves
con 24 accidentes.
A
Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos
prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia,
recibiu nestes días 91 chamadas en relación cos accidentes de
tráfico. Estas alertas xeraron 75 asistencias sanitarias por parte
do persoal do 061 que atenderon un total de 106 persoas. A proporción
de homes e mulleres atendidos foi do 59% e do 41% respectivamente.
Nas idades dos feridos, obsérvase que o 29% dos atendidos tiña
entre os 30 e os 44 anos.
Por
provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes con 36
sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
Provincia
|
Accidentes
|
A
Coruña
|
21
|
Lugo
|
11
|
Ourense
|
7
|
Pontevedra
|
36
|
Galicia
|
75
|
En
97 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios
correspondentes e nove persoas foron asistidas no lugar do sinistro.