​O 061 DE GALICIA ASISTIU 77 PERSOAS POR 62 ACCIDENTES DE TRÁFICO DURANTE A SEMANA SANTA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
01 04 2024

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a Semana Santa 77 persoas debido a 62 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do mércores, 27 de marzo, ata as 23,59 horas do domingo, 31 de marzo. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 17 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 83 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 62 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 77 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 55% e do 45% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 31% dos atendidos tiña entre 45 e 59 anos.

Por provincias, A Coruña e Pontevedra foron as que máis sinistros rexistraron con 24 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia

Accidentes

A Coruña

24

Lugo

5

Ourense

9

Pontevedra

24

Galicia

62

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 80. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en catro accidentes, o helicóptero medicalizado mobilizouse nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 71 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro accidentes.

En 62 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 14 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde