O SERGAS RENOVA A SÚA COLABORACIÓN COA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA PARA MELLORAR A ACCESIBILIDADE COGNITIVA, FORMAR PROFESIONAIS E PROMOVER HÁBITOS SAUDABLES
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
06 04 2024

O conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña, asinou esta semana coa presidenta da Federación Autismo Galicia, Mercedes Fernández Angulo, o convenio de colaboración entre o Sergas e a entidade para o desenvolvemento de accións orientadas á mellora da accesibilidade cognitiva, a formacións específicas para profesionais do ámbito do trastorno do espectro autista (TEA) e promover da saúde, a adquisición de hábitos saudables e habilidades funcionais nas persoas con TEA. 

Con esta finalidade, a Xunta mantén o seu apoio á Federación Autismo Galicia cunha achega de 43.405 euros en 2024 para levar a cabo as súas actividades que intentar dar resposta ás necesidades dos pacientes con TEA da nosa comunidade. Desta forma, desenvolveranse actividades de sensibilización para a sociedade en xeral e, no que respecta á accesibilidade cognitiva no ámbito sanitario, analizaranse as barreiras que se atopan as persoas con autismo e continuarase a colocar sinalización nos centros sanitarios coa que se identifiquen os espazos e as actividades.

Nos últimos 15 anos, a colaboración do Sergas coa Federación Autismo Galicia superou os 300.000 a través deste convenio anual. Na sinatura do presente acordo estiveron presentes tamén o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas, a subdirectora xeral de Atención Primaria, Sinda Blanco Lobeiras, a directora-xerente da federación Patricia Blanco Riveiro, e o tesoureiro da entidade, José Manuel Varela Rodríguez.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde