Urxencias
Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 57 persoas
debido a 51
accidentes
de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado
comprende desde as 15,00 horas do venres, 5 de abril, ata as 23,59
horas do domingo, 7 de abril. O domingo foi o día que rexistrou máis
sinistros, con 22 accidentes de tráfico.
A
Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos
prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia,
recibiu nestes días 59 chamadas en relación cos accidentes de
tráfico. Estas alertas xeraron 51 asistencias sanitarias por parte
do persoal do 061
que
atendeu un total de 57 persoas. A proporción de homes e mulleres
atendidos foi do 52% e do 48% respectivamente. Nas idades dos
feridos, obsérvase
que o 37% dos atendidos tiña entre 40 e 54 anos.
Por
provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 21
accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
Provincia
|
Accidentes
|
A Coruña
|
15
|
Lugo
|
8
|
Ourense
|
7
|
Pontevedra
|
21
|
Galicia
|
51
|
Os recursos
sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na
Central de Coordinación do 061 foron 62. Así, as ambulancias
asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en dous accidentes,
o helicóptero medicalizado mobilizouse nunha ocasión, as
ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 52
sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan
a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do
061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete
accidentes.
En
44 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios
correspondentes, en 12 ocasións atendeuse no propio lugar do
incidente e unha persoa faleceu no punto.