​A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE CONVIDA AOS ESTUDANTES A PARTICIPAR NOS DOUS ÚLTIMOS DÍAS DA CAMPAÑA DE DOAZÓN NAS UNIVERSIDADES GALEGAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
15 04 2024


A axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), desenvolverá no transcurso das xornadas do martes 16 e mércores 17, os dous últimos días da segunda fase da campaña de doazón de sangue nas universidades galegas do curso académico 2023-24. 

Nestas dúas últimas xornadas, denominadas como “Campaña Escoba”, as unidades móbiles de ADOS visitarán os distintos campus das universidades galegas para que o colectivo universitario que aínda non doou sangue, pero teña a intención de facelo, poida participar.  

ADOS comezou o 27 de febreiro a segunda fase da campaña universitaria de doazón de sangue, que  remata o 17 de abril, tendo como obxectivo o fomento da doazón no colectivo universitario, renovar a base de doantes e superar as 2.234 doazóns recollidas na primeira fase do presente curso académico.

Desparazamentos

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue fai un chamamento á comunidade universitaria para que participe nestes dous últimos días da segunda fase da campaña universitaria de doazón de sangue. Para iso, lembrar que as unidades móbiles de ADOS efectuarán os seguintes desprazamentos:


DATA

CENTROS DOCENTES



Martes 16 de abril


Escola de Arquitectura Técnica (A Coruña), de 09:30 ás 14:30.


Facultade de Medicina (Santiago), de 09:30 ás 14:30 e de 15:30 ás 21:00.







Mércores 17 de abril


Facultade de Enfermería e Podoloxía (Ferrol), de 09:30 ás 14:30 e de 15:30 ás 21:00.


Facultade de Socioloxía (A Coruña), de 09:30 ás 14:30 e de 15:30 ás 21:00.

Facultade de Dereito (Santiago), de 09:30 ás 14:30


Escola de Forestais (Pontevedra), de 09:30 ás 14:30.


Escola de Enxeñería Industrial (Vigo), de 09:30 ás 14:30.


Facultade de Comercio (Vigo), de 15:30 ás 21:00.

Biblioteca Intercentros (Lugo), de 09:30 ás 14:30 e de 15:30 ás 21:00.


Edificio Facultades (Ourense), de 09:30 ás 14:30 e de 15:30 ás 21:00.


Primeira doazón

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue lembra a importancia que ten o desenvolvemento das campañas de doazón no eido da educación, tanto en centros educativos non universitarios como universitarios xa que, para moitos mozos e mozas, é o primeiro contacto que teñen co xeneroso xesto da doazón de sangue. 

Esta iniciativa solidaria, que finaliza o 17 de abril, é posible grazas á colaboración que brindan os reitores das tres universidades, así como os decanos e directores de todos os centros educativos, membros da comunidade universitaria (PAS, alumnos e alumnas...)

Nas xornadas previas ao desenvolvemento de cada campaña, impartíronse charlas didácticas e repartiuse material informativo cos requisitos precisos para doar e a data e lugares onde poder participar. 

ADOS quere reiterar o agradecemento a todos os membros da comunidade universitaria a súa colaboración, ao tempo que reitera o seu compromiso co labor educativo e de sensibilización que se levan a cabo nas Universidades. Neste sentido, lembrar que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue colabora coas Universidades noutras iniciativas como a realización de visitas formativas por parte dos centros universitarios ata os laboratorios de ADOS, colaboración con distintos colectivos e asociacións universitarias ou a realización de proxectos de Aprendizaxe e Servizo levados a cabo con distintas facultades.

 



EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde