​GALICIA REXISTRA 28 DÍAS MENOS DE DEMORA QUE A MEDIA NACIONAL NO ACCESO ÁS PRIMEIRAS CONSULTAS CO ESPECIALISTA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
19 04 2024
 

O Servizo Galego de Saúde situouse, a peche do ano 2023, como o quinto sistema sanitario con mellores datos do Sistema Nacional de Saúde, no que atinxe á demora para acceder ás primeiras consulta co especialista.

Sobre este particular, o tempo medio de espera en Galicia sitúase nos 73 días, mentres que a media nacional ascende até os 101 días, xa que logo a poboación galega agardar unha media de 28 días en comparación co conxunto dos sistemas sanitarios autonómicos.

Ademais, a porcentaxe de citas que superan os 60 días de espera é do 43,1% na comunidade galega, un 13,2% menos que a media nacional, que se sitúa en 56,3%.

Segundo os datos do último informe publicado polo Ministerio de Sanidade, o Sergas continúa a manterse un ano máis como un servizos sanitarios públicos que menor demora presenta, tanto no acceso a primeiras consultas, como no acceso a unha intervención cirúrxica. Así, neste último apartado Galicia posúe os terceiros mellores datos de España, ao contar cunha demora de 67 días para operarse, fronte aos 128 de media que rexistra a media nacional. 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde