O CONSELLEIRO DE SANIDADE RECIBE Á ASOCIACIÓN DE PAIS DE PERSOAS CON PARÁLISE CEREBRAL DA CORUÑA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
04 05 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, recibiu nos últimos días á presidenta da Asociación de pais de persoas con parálise cerebral (Aspace) da Coruña, Carmen Barreiro, e ao xerente da entidade, Ricardo Iglesias.

Neste primeiro encontro trataron a boa coordinación con profesionais da área sanitaria coruñesa e as posibilidades de mellorar no futuro. Ademais, tanto o conselleiro como os responsables de Aspace Coruña emprazáronse a unha próxima reunión coa Federación Aspace Galicia.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde