GÓMEZ CAAMAÑO SALIENTA AS ACTIVIDADES DA PLATAFORMA SANIDADE MEDIAVERSO PARA PROMOVER HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE ENTRE A MOCIDADE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
30 05 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, visitou o expositor da plataforma Sanidade Mediaverso instalado na biblioteca universitaria Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela, no que se difunden as súas ferramentas para poñer en práctica hábitos de vida saudable para todas as idades.

Na visita estivo acompañado polo reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, o director da Cátedra de Vida Saudable que promoven a Consellería de Sanidade e a USC, Francisco Caamaño, e o director da biblioteca, José Rodríguez Dopazo. 

Coa orientación de coordinadores da Rede Galega de Promoción da Saúde, o conselleiro de Sanidade tivo a oportunidade de probar as gafas de realidade virtual coa aplicación EnMovemento​. Nela reprodúcense imaxes que permiten realizar exercicios guiados a través dunha monitora virtual á que se debe imitar. 

Ata o venres 31 de maio, a Consellería de Sanidade continuará a difundir as ferramentas de Sanidade Mediaverso entre o alumnado universitario para seguir unha alimentación saudable, promover o benestar emocional, a actividade e a eliminación de condutas adictivas. ​

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde