PRESENTACIÓN DO NOVO EQUIPO DIRECTIVO DA ÁREA SANITARIA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E BARBANZA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
03 06 2024

Santiago, 3 de xuño de 2024.- O xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Ángel Facio Villanueva, presentou esta mañá ante os profesionais da sanidade pública compostelá aos novos membros do equipo directivo.

 

Así, no salón de actos do Hospital Clínico e por streaming, ante os mandos intermedios do persoal sanitario e non sanitario, así como dos representantes sindicais dos traballadores, o doutor Facio presentou ao novo director de procesos, Javier Ventosa, ao director de atención hospitalaria, Luis G. Taboada, á directora de enfermería, Isabel Campos, e ao subdirector de Humanización e Atención á Cidadanía, Juan Manuel González.

 

No encontro, o xerente da área sanitaria compostelá agradeceu publicamente o labor realizado polo equipo saínte e destacou o liderado desta área no eido asistencial, docente e investigador grazas ao prestixio internacional dos seus profesionais. Así mesmo, subliñou a gran importancia do traballo en equipo de todos os profesionais da sanidade pública compostelá, xa que todas as persoas que as conforman son fundamentais.

 

 

José Javier Ventosa Rialdirector Asistencial da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza. Médico de Atención Familiar e Comunitaria do Servizo Galego de Saúde, exercía como subdirector xeral de Atención Sociosanitaria e Innovación Asistencial da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia desde xaneiro de 2021. Anteriormente, entre outras responsabilidades, foi director de Atención Hospitalaria da Área Sanitaria de Ferrol, xefe de servizo de Desenvolvemento de Procesos Asistenciais e Compras no Servizo Galego de Saúde e xerente de Atención Primaria de Santiago.

 

Luís González Taboada, director de Atención Hospitalaria. Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela desenvolveu unha gran parte da súa traxectoria profesional como directivo na Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza. Reincorpórase na área sanitaria compostelá logo de desempeñar o cargo de Director Asistencial da Área Sanitaria de Ferrol. Previamente formou parte do equipo directivo da Área Sanitaria de Coruña e Cee e da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte.

 

Isabel Campos Pardo, directora de Enfermería. Diplomada en enfermaría xa formara parte do organigrama da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza entre o 2009 e o 2013 como subdirectora. Ata o de agora ocupaba o posto de Directora de Enfermaría na Área Sanitaria de Ferrol.

 

 

Juan Manuel González Lorenzo, subdirector de Humanización e Atención á Cidadanía. Diplomado en enfermería pola USC e licenciado en dereito pola Universidade de A Coruña, foi subdirector de Humanización, Calidade e Atención á cidadanía na Area Sanitaria de Ferrol. Subinspector sanitario de carreira, desenvolveu diferentes cargos nos servizos centrais nos eidos da inspección e a coordinación asistencial.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde