O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE LICITA A REFORMA DA UNIDADE DE DIAGNÓSTICO DE APARELLO DIXESTIVO DO HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO DE VIGO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
10 06 2024

O Servizo Galego de Saúde vén de publicar no Portal de Contratos Públicos de Galicia​ o anuncio de licitación da obra de reforma da Unidade de diagnósticos de Aparello dixestivo do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. 

Segundo establece o contrato licitado, a Xunta destinará unha partida 382.806 euros a unha actuación coa que optimizará a calidade asistencial aos pacientes do centro hospitalario da cidade olívica.

A reforma incidirá nos dous gabinetes de exploración existentes na planta -1 do Hospital Álvaro Cunqueiro, dando lugar a unha nova área de diagnóstico, que contará cunha superficie de 81 metros cadrados.

As melloras previstas nas salas de probas funcionais e de gastroscopias do servizo de aparello dixestivo do Hospital Álvaro Cunqueiro responderán á necesidade deste centro de contar cunha sala de procesamentos dixestivos avanzada. 

Neste senso, o proxecto de reforma contempla unha sala principal de procesamentos dixestivos, unha sala de control, unha esclusa de comunicación e un vestiario.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde