A XUNTA PUBLICA A LICITACIÓN DOS SERVIZOS DE CAFETERÍA DOS CENTROS HOSPITALARIOS DA CORUÑA POR UN IMPORTE DE MÁIS DE 10,5 MILLÓNS DE EUROS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
17 06 2024

A Xunta, a través do Servizo Galego de Saúde, vén de publicar no Portal de Contratos Públicos de Galicia​ o anuncio de licitación dos servizos de cafetería do Hospital Público da Coruña, do Hospital Marítimo de Oza, do Hospital Abente y Lago e do Centro de Especialidades do Ventorrillo por un valor estimado de 10.567.508 euros.

O contrato de servizo prevé unha duración de catro anos, coa posibilidade de prorrogarse durante un ano máis. 

A razón deste expediente é satisfacer a prestación dos servizos de cafetería-comedor para o persoal destes centros, os seus usuarios, familiares e acompañantes dos pacientes que reciban asistencia nestas instalacións sanitarias.

As empresas interesadas en participar neste contrato de servizo poderán presentar as súas ofertas de xeito telemático na seguinte ligazón electrónica: Silex (conselleriadefacenda.es). O prazo para a achegar as ofertas estenderase até o vindeiro 16 de xullo ás 14,00 horas.

Co obxectivo de facilitar a elaboración das súas propostas, os interesados poderán visitar os locais e espazos obxecto da contratación, solicitándoo previamente mediante correo electrónico ao Servizo de Contratación da Área Sanitaria da Coruña e Cee: contratacion.asacec@sergas.es .

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde