O 061 DE GALICIA ASISTIU 75 PERSOAS POR 58 ACCIDENTES DE TRÁFICO DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
01 07 2024

​Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 75 persoas debido a 58 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 28 de xuño, ata as 23,59 horas do domingo, 30 de xuño. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 26 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 72 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 58 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 75 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 55% e do 45% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 30% dos atendidos tiña entre 25 e 39 anos.

Por provincias, A Coruña e Pontevedra foron as que máis sinistros rexistraron con 22 accidentes de tráfico ambas as dúas durante os desprazamentos destas datas.

Provincia

Accidentes

A Coruña

22

Lugo

5

Ourense

9

Pontevedra

22

Galicia

58

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 74. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 12 accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu en dúas ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 56 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro accidentes.

En 65 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 10 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde