​O DIRECTOR XERAL DE ASISTENCIA SANITARIA REMARCA O LABOR ESENCIAL DO PERSOAL DE ENFERMERÍA NO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
01 07 2024
 

O director xeral de Asistencia Sanitaria, Alfredo Silva Tojo, participou esta mañá no acto de toma de posesión da nova xunta directiva do Colexio Oficial de Enfermería de Pontevedra, no que destacou o carácter vertebrador que desempeña este colectivo profesional na asistencia sanitaria de calidade.

Acompañado do xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente, Silva Tojo incidiu no compromiso da Xunta con esta categoría sanitaria, ao reforzar a estrutura do Servizo Galego de Saúde coa creación da Unidade de Procesos de Enfermería. Este novo departamento prestará un servizo transversal e de soporte na elaboración, control e seguimento nos procesos asistenciais de coidados.

“Cremos que a Enfermería ten un papel esencial na atención primaria e na hospitalaria”, apuntou o director xeral, ao tempo que desexou a maior das sortes á nova xunta directiva do Colexio Oficial de Enfermería de Pontevedra.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde