​O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE PUBLICA A RELACIÓN PROVISIONAL DAS LISTAS DE SELECCIÓN TEMPORAL DE NOVE CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
03 07 2024
 

O Diario Oficial de Galicia (DOG)​ publica, na súa edición de hoxe, a relación provisional coa orde de prelación e a puntuación obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de elaboración das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario. En concreto, na de médico especialista de área de medicina do traballo, facultativo especialista de área de psicoloxía clínica, farmacéutico de atención primaria, fisioterapeuta, logopeda, odontólogo de atención primaria, terapeuta ocupacional, traballador social e dietista-nutricionista.

O total de aspirantes admitidos por categorías foron: 21 en médico especialista de área de medicina do traballo, 184 en facultativo especialista de área de psicoloxía clínica, 851 en farmacéutico de atención primaria, 1.754 en fisioterapeuta, 289 en logopeda, 404 en odontólogo de atención primaria, 487 en terapeuta ocupacional, 1.336 en traballador social e 278 en dietista-nutricionista.

O número de novas inscricións en relación ao pasado ciclo é de: 1 en médico especialista de área de medicina do traballo, 22 en facultativo especialista de área de psicoloxía clínica, 134 en farmacéutico de atención primaria, 129 en fisioterapeuta, 28 en logopeda, 34 en odontólogo de atención primaria, 40 en terapeuta ocupacional, 105 en traballador social e 299 en dietista-nutricionista.

As listas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos. 

As persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días hábiles, ata o 17 de xullo.

Próximas publicacións:

Proximamente publicaranse as listas provisionais das clases da Lei 17, e das categorías de oficios, prevención de riscos, grupos de xestión e técnico da función administrativa, enxeñeiros e técnicos de sistemas e tecnoloxías da información.


EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde