O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE PUBLICA AS DATAS DAS ENTREVISTAS PARA O ACCESO A 34 PRAZAS DE PERSOAL INVESTIGADOR
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
03 07 2024

No día de hoxe o Diario Oficial de Galicia publica a resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde​ pola que se declaran con carácter definitivo as persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas categorías de persoal investigador. Así mesmo, publícanse as datas de realización da fase de entrevista, que serán os días 11 e 17 de xullo a partir das 9,00 horas na sede da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS).

Ofértanse neste proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, un total de 29 prazas para a categoría de  investigador sanitario (subgrupo A1); 3 para a categoría de investigador non sanitario (subgrupo A1); e 2 para investigador sanitario (subgrupo C1). 

Neste proceso de concurso de méritos resultaron admitidos, con carácter definitivo, un total de 51 aspirantes, dos cales 42 corresponden á categoría de investigador sanitario pertencente ao subgrupo A1; 5 á categoría de investigador non sanitario (subgrupo A1); e 4 á de investigador sanitario (subgrupo C1). 

Neste proceso está prevista unha fase de entrevista que realizará o tribunal aos aspirantes para valorar a relación dos méritos achegados coa liña de investigación á que concorren. Os participantes no proceso deberán defender a vinculación dos seus méritos coa liña de investigación da praza á que opta. 

As persoas admitidas poden dirixir todas as dúbidas e consultas relacionadas con este proceso selectivo ao enderezo de correo electrónico oposicions@sergas.es. Estas consultas non terán a consideración de reclamación nin recurso.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde