O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE DESTACA A PARTICIPACIÓN ACTIVA DO PERSOAL FARMACÉUTICO NO PROCESO ASISTENCIAL DE ATENCIÓN CENTRADO NO DOENTE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
03 07 2024

O director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Alfredo Silva Tojo, participou hoxe, en Segovia, no III Foro de Xestión e Servizos de Farmacia Hospitalaria da Sociedade Española de Directivos da Saúde (SEDISA), no que subliñou a importancia dos profesionais farmacéuticos nun proceso asistencial que sitúa o paciente no centro.

Neste sentido, en Galicia o número de tratamentos xestionados a través do software de farmacia hospitalaria do Sergas (Silicom) supera os 1.250.000. Neste sistema, segundo as palabras do director, “o farmacéutico convértese no garante da calidade e trazabilidade dos procesos”, sendo estes últimos un factor determinante para o correcto tratamento dos doentes.

Do mesmo xeito, a atención virtual facilita a monitorización dos síntomas e variables clínicas de máis de 8.000 doentes crónicos incluídos na plataforma de teleasistencia domiciliaria (TELEA). As aplicacións móbiles e a intelixencia artificial constitúen unha nova vía de comunicación co doente na sanidade pública galega mediante asistentes virtuais, monitorización da medicación, o envío de alertas, avisos, etc.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde