A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE ASISTE AO ACTO DE CONMEMORACIÓN DO 14 ANIVERSARIO DO MONUMENTO AO DOANTE DE ÓRGANOS ORGANIZADO POR ADROVI
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
08 07 2024

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) participou o pasado sábado na conmemoración do décimo cuarto aniversario do monumento que rende homenaxe aos doantes de órganos. Unha escultura  que representa un corazón dividido en dúas metades unidas polo trazo dun electrocardiograma.

Ao acto, organizado pola Asociación de Doantes de Órganos de Vigo (ADROVI), asistiron, entre outras personalidades, Javier Puente, xerente da área sanitaria de Vigo, Encarnación Bouzas, coordinadora autonómica de transplantes ADOS, Lucas Lage, coordinador de transplantes do Hospital Álvaro Cunqueiro, e Celso García, presidente de ADROVI.

Excelente evolución

Ata finais de maio realizáronse en Galicia un total de 186 transplantes de órganos, cun incremento acumulado do 32% neste tipo de intervencións. O transplante de ril, nos primeiros 5 meses do ano, experimentou un crecemento do 26%. No caso do fígado, o aumento foi do 61%, do 10% no caso do transplante de corazón e do 25% nos transplantes de pulmón.

Resulta especialmente salientable a cifra de 66 doadores de órganos a data de 31 de maio, xa que supón un crecemento do 57% con respecto aos 42 doadores rexistrados no mesmo período do ano 2023.

Ademais, salientar que dende o inicio do programa de transplantes, en 1981, ata a actualidade rexistráronse preto de 3.500 doazóns de órganos. 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde