Doadores e receptores de sangue reais protagonizan a nova campaña de comunicación da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
18 07 2017

​A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) presentou esta maña a nova campaña de comunicación coa que tenta espertar a solidariedade dos cidadáns para que doen sangue. Ao longo dos vindeiros meses, os cidadáns poderemos coñecer 14 historiais reais de doadores e doadoras de sangue e receptores de compoñentes sanguíneos que contarán a súa experiencia.

Esta é a primeira oportunidade na que unha campaña de ADOS reúne experiencias vitais reais de persoas que contan como un xesto tan sinxelo como a doazón de sangue, pode cambiar o rumbo das súas vidas. Así mesmo, a campaña complétase con materiais de cartelería e folletos baixo o lema “Ti dás o tipo”, en clara alusión aos distintos grupos sanguíneos e salientando que todos podemos doar sangue para outras persoas que o precisan.
 
Protagonistas
A directora de ADOS, Marisa López García, quixo manifestar o sincero agradecemento da Axencia aos protagonistas desta campaña: os doadores e os receptores, que colaboraron, de xeito altruísta e desinteresado, na elaboración das historias que serán emitidas en medios de comunicación convencional, na páxina web de ADOS (ados.sergas.es) e nas redes sociais. Mediante esta iniciativa, ADOS tenta dar un paso máis aló nas súas campañas de comunicación e sensibilización e por en evidencia que as doazóns de sangue que se recollen en Galicia todos os días teñen un obxectivo primordial: colaborar na recuperación das persoas que padecen distintos problemas de saúde.
 
Neste sentido, Marisa López salientou que a nova campaña de comunicación comenza nun momento do ano, como os meses de verán, no que se evidencia a necesidade de continuar doando sangue, xa que, precisaranse unhas 10.000 doazóns de sangue mensuais para garantir o axeitado desenvolvemento do labor asistencial dos centros sanitarios galegos.

 

Para posibilitar a consecución de este obxectivo, ADOS despraza diariamente des unidades móbiles a distintos concellos galegos e tamén existe a posibilidade de doar sangue nos puntos fixos de atención ao doador que existen nas sete grandes cidades galegas.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss