SANIDADE INFORMA QUE NA ACTUALIDADE PERMANECEN INGRESADAS TRES PERSOAS POR QUEIMADURAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
16 10 2017
 
  
A Consellería de Sanidade confirma que tres persoas continúan ingresadas por queimaduras relacionadas cos incendios. Trátase de dous feridos que foron trasladados ao Hospital da Coruña e outro paciente ingresado en Povisa. Ademáis, está ingresada unha cuarta persoa no Hospital Álvaro Cunqueiro por unha fractura no nocello.
 
En total, foron oito as persoas que recibiron asistencia por queimaduras motivadas polos incendios das últimas horas. Ademáis, os servizos de urxencias do Servizo Galego de Saúde atenderon cadros leves motivados por inhalación de fume ambiental e procesos de ansiedade, principalmente nas áreas de Vigo, Pontevedra, Ourense e Lugo. En xeral son atencións que non requiren ingreso e que cursan de forma leve.

 

A situación sanitaria está normalizada e non se ten rexistrado gran impacto asistencial en relación cos lumes.
 
 
A Consellería de Sanidade agradece a profesionalidade e esforzo de todos os traballadores sanitarios, hospitais e centros de saúde, puntos de atención de urxencias e Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
 
 

 


 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte Connosco
rss