O 061 DE GALICIA REFORZOU ONTE CON 24 AMBULANCIAS ASISTENCIAIS DE SOPORTE VITAL BÁSICO E TRES AMBULANCIAS MEDICALIZADAS A SÚA REDE DE TRANSPORTE SANITARIO URXENTE NAS ZONAS DE RISCO SANITARIO POLOS INCENDIOS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
16 10 2017

 

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 reforzou onte pola noite a Rede de transporte sanitario urxente de Galicia-061 con 24 ambulancias asistenciais de soporte vital básico, tres ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado e dous vehículos de transporte adaptados naqueles puntos da xeografía galega considerados zonas de risco sanitario polos incendios que se sumaron aos recursos que xa habitualmente dan cobertura ao servizo.
 
Así, durante as primeiras horas da madrugada Urxencias Sanitarias de Galicia-061 decidiu reforzar a cobertura sanitaria duplicando as unidades asistenciais de soporte vital avanzado (ambulancias medicalizadas) nas bases de Pontevedra, Vigo e Mos.
 
A cidade de Vigo reforzouse con  14 ambulancias asistenciais de soporte vital básico (SVB). Ademais, varias ambulancias da zona que funcionan habitualmente 12 horas alongaron a súa quenda 12 horas mais.
 
En Ponteareas o reforzo realizouse con dúas ambulancias de SVB da Cruz Vermella e dous vehículos adaptados con capacidade para o traslado de 17 e sete persoas respectivamente.
 
En Rianxo, a ambulancia asistencial de SVB que funciona a 12 horas, alongou tamén a súa quenda durante 12 horas máis.
 
No concello de Arbo, ademais de alongar 12 horas máis a ambulancia asistencial, aumentouse a dotación habitual con dúas ambulancia asistenciais de SVB.
 
Por último, a cobertura sanitaria nos concellos de As Neves e Pazos de Borbén reforzouse con dúas ambulancias asistenciais de soporte vital básico en ambos os dous concellos.
 
Dispositivo sanitario actual
Actualmente e debido ao progresivo descenso do risco sanitario nas zonas que sufriron incendios onte á noite, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 só mantén os  dispositivos sanitarios de reforzo nos concellos de Arbo (unha ambulancia asistencial de SVB) e As Neves (dúas ambulancias asistenciais). Tamén se mantén a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado ubicada en Mos.

 

Desde a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia se recomenda a todas aquelas persoas que estiveron nunha zona de incendios, inhalaron fume e presentan dificultade respiratoria, chamen ao 061 ou acudan ao centro de saúde máis próximo.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte Connosco
rss