O 061 DE GALICIA ACONSELLA AFASTARSE DAS ZONAS DE FUME E CHAMAR INMEDIATAMENTE AO 061 NOS CASOS DE TOSE, DIFICULTADE RESPIRATORIA, NÁUSEAS OU SÍNTOMAS SIMILARES
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
16 10 2017

 ​

A Fundación Pública Urxencias de Galicia-061 ante os riscos que para a saúde constitúen as situacións que estamos vivir polos incendios en diferentes concellos da Comunidade Autónoma galega considera imprescindible transmitir as seguintes recomendacións:

 

En situacións nas que vostede puidese inhalar fume:

 

En primeiro lugar, afástese do fume tanto como lle sexa posible.
 
Se se atopa nun lugar pechado, abra as portas e ventás e saia ao exterior. Respire coa­ boca e nariz cubertos cun pano limpo e húmido.
 
Se estivo exposto ao fume durante tempo pode ter síntomas como tose, comechón de gorxa, náuseas, dor de cabeza, atordamento...Ante calquera destes síntomas chame de forma inmediata ao 061 onde será atendido por un médico que lle dará as recomendacións precisas e decidirá que máis facer. Nestes casos é posible que necesite osíxeno e valoración sanitaria.
 
En situacións nas que vostede estivese exposto directamente ao lume:
Non deberá achegarse ao lume, afástese canto antes deste. En calquera caso, preserve a súa propia seguridade.
 
Deberá respirar coa boca cuberta por un pano limpo e húmido.
Ante a presenza de síntomas como tose, dificultade respiratoria, atordamento ou outros similares, chame inmediatamente ao 061.

 

Se como resultado á exposición accidental ás lapas resultou con queimaduras, marque  o  061 onde un médico decidirá a resposta máis axeitada, mentres tanto trate de apagar as lapas da roupa, arrefríe as queimaduras con auga fría e retire os obxectos metálicos que poidan existir sobre as superficies queimadas.
 
Por último, recoméndase a todas aquelas persoas que estiveron nunha zona de incendios, inhalaron fume e presenten dificultade respiratoria que chamen ao 061 ou acudan ao centro de saúde máis próximo.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte Connosco
rss