A Xunta de Galicia investirá 1,7 millóns de euros na construcción do novo centro de saúde de Salceda de Caselas
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
04 12 2017

​O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presentou esta mañá o proxecto de construción do novo centro de saúde de Salceda de Caselas, que contará cunha superficie construída de 1.321 m2, e terá un prazo de execución da obra previsto de 15 meses.

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego visitou hoxe os terreos onde a Xunta  construirá o centro, que conta cun orzamento de licitación de 1.786.729 euros.
O concello de Salceda de Caselas ten, na actualidade, 7.832 tarxetas sanitarias adscritas, das que 1.391 son de pacientes en idade pediátrica.
 
Distribución de espazos
O Servizo Galego de Saúde xa realizou un plan funcional para construír un novo centro de saúde neste concello. Así, na área de asistencia sanitaria contémplanse 5 consultas de medicina xeral, 5 de enfermería, unha consulta polivalente, unha sala de técnicas, 1 sala de extraccións, 2 consultas de pediatría, 2 de enfermería de pediatría e 1 consulta para a matrona.
 
Así mesmo, o novo centro de saúde contará con arquivo de historias clínicas, biblioteca/sala de xuntas, aseos e vestiarios; ademais doutros espazos con servizos comúns.
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss