O Proxecto do Centro Integral de Saúde do barrio lucense da Residencia estará rematado na primeira quincena de maio
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
12 01 2018

Lugo, 12 de xaneiro de 2018.- O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presidiu o acto no que se deu a coñecer ao equipo redactor do proxecto básico e de execución do Centro Integral de Saúde do barrio da Residencia. A este fin, presentáronse 6 propostas, resultando elixida a oferta da UTE: NAOS 4 Arquitectos, por un importe de 114.829 euros. A data de entrega da versión definitiva do proxecto establécese para a primeira quincena de maio.

A proposta do novo Centro Integral de Saúde de Lugo, no que a Xunta ten previsto investir 8,3 millóns de euros, para unha superficie construída de 6.200 metros cadrados, se empraza no edificio do antigo Hospital Materno.
 

O programa funcional que se formula consta de tres partes claramente diferenciadas: centro de saúde con Punto de Atención Continuada, centro de saúde mental e unha base para o 061. Búscase que os accesos e circulacións sexa claros e funcionais, polo que cada unha delas ten un acceso propio e diferenciado. Disponse, ademais, de accesos exclusivos e restrinxidos para cada un dos servizos.

A urbanización da parcela, máis aló de resolver os accesos e circulacións, pretende cualificar o espazo urbano, facendoo máis amable e agradable e dotándoo de pequenas prazas e zonas de estancia, integradas en zonas verdes.
 

Funcionalmente, o edificio se distribúe, no andar -1, a área de saúde mental, hospital de día de saúde mental e base do 061. No andar 0 instálase a área pediátrica, unha área médica, a zona de radiodiagnóstico e a área de PAC. No primeiro andar emprázase a área da muller, área médica, o persoal do centro de saúde e o persoal do PAC. No  segundo andar ubícase a zona de fisioterapia e rehabilitación, área médica e outra de docencia.

Buscouse a claridade nos recorridos e o edificio está formulado de tal xeito que as modificacións do programa sexan posibles con certa facilidade. O esquema sempre é o mesmo en todos os andares, cunha zona de consultas ou despachos, e unha zona de espera/circulación. Un núcleo de comunicacións une todos os andares do edificio, e da directamente sobre esa zona de circulación. Ese núcleo dispón de portas que o independizan en cada andar, o que posibilita que comunique as distintas partes do programa (centro de saúde mental, centro de saúde e espazos dispoñibles para futuras ampliacións), mantendo a necesaria independencia funcional entre elas.
 
Oportunidade histórica
Respecto da urbanización da parcela, incide na necesidade da demolición do gran volumen actual edificado. A desaparición do pavillón central e o Hospital Xeral abre espazos para ubicar novas dotacións comunitarias. A proposta urbanística basease na dispersión de volúmenes para crear espazos abertos entre eles e conectar de novo as dúas zonas da cidade, propoñendo unha nova trama urbana verde e flexible e facilitando novos fluxos humanos e visuais que rexeneren o barrio da Residencia. Estase, sen dúbida, ante unha oportunidade histórica para que un conxunto de novas dotacións públicas sexan capaces a través do urbanismo e a arquitectura de revitalizar e crear unha nova e atractiva centralidade nunha zona da cidade tan necesitada de espazos públicos e de relación.

O acto contou, así mesmo, coa intervención do delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, do xerente de Xestión Integrada do Sergas, Ramón Ares Rico, así como dos arquitectos. Tamén estiveron presentes no acto, o xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, e a directora xeral de Recursos Económicos, María Jesús Piñeiro Bello.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte Connosco
rss