O Hospital Materno Infantil da Coruña estrea novas áreas de hospitalización de onco-pediatría e de rehabilitación integral cardiovascular pediátrica
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
22 01 2018

O Servizo Galego de Saúde e a Fundación María José Jove, inauguraron hoxe, na cidade herculina, as novas Áreas de Hospitalización de onco-pediatría e de rehabilitación integral cardiovascular pediátrica,  froito  dun acordo de colaboración. A inversión de 570.000 € por parte da  Fundación María José Jove fixo posible a realización das obras de acondicionamento e dotación da area de hospitalización de onco-pediatría e un área de rehabilitación integral cardiovascular infantil no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera da Coruña.

Ao acto asistiron o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, a presidenta da Fundación María José Jove, Felipa Jove Santos, ademais do Xefe de Servizo de Pediatría, Jerónimo Pardo Vázquez e o Xerente da Area de Xestión Integrada de A Coruña, Luis Verde Remeseiro.
 
A reforma comprendeu unha superficie aproximada de 300 m2, onde se realizaron as obras, e o acondicionamento e instalación do equipamento necesario para a dotación de cinco habitacións -con posibilidade de illamento-, unha sala de rehabilitación e unha sala de estar, ademais dun control de enfermería específico e uns vestiarios.
 
Este proxecto inclúe tamén un sala de estar comunicada, para pais e nenos, o que  supón prestar un maior servizo tanto para os pacientes onco-pediátricos como para as súas familias, poñendo a súa disposición estas instalacións mais confortables que aminoran o estres da hospitalización e a enfermidade prorrogada.  
 
Pola súa parte, os profesionais contarán tamén con unhos espazos para desempeñar o seu traballo nas mellores condicións.
 
A preocupación da dirección da Area Sanitaria de A Coruña e os seus profesionáis pola humanización e a atención, compartida, una vez mais, pola Fundacion María José Jove, fixeron posible este proxecto con habitacións individuais exteriores, sistemas de illamento con presión positiva, conectividade nas habitacións para facilitar o ocio dos nenos, ademais de dotala pra facer mais cómoda a estancia do familiar
 
Area de Rehabilitación Cardíaca Pediátrica
Esta área multidisciplinar de nova creación, y con unha gran proxección científica y de carácter innovador, pretende mellorar a calidade de vida dos pacientes e diminuír a incidencia de novas complicacións e a morbilidade da enfermidade. A propia OMS reconoce a  rehabilitación cardiovascular é o conxunto de actividades necesarias para asegurar as persoas con enfermidades cardiovasculares unha condición física, mental e social óptima que lle permita ocupar polos seus propios medios o mellor lugar que lle sexa posible na sociedade.
 
O Chuac e o centro de referencia nacional para cardiopatías conxénitas recibindo pacientes de fora da comunidade, o cal se traduce nunha media de 170 intervencións anuais, incluíndo cateterismo e electrofisioloxía, e perto de 3000 consultas externas. Ademais de nenos con cardiopatías, de este proxecto, beneficiaranse tamén pacientes oncolóxicos, con patoloxías endocrinoloxicas, etc.
 
Almuiña lembrou que a humanización dos espazos nos hospitais, en especial nas áreas infantís, pode considerarse un factor terapéutico máis, pois axuda a reducir os niveis de tensións que produce nos nenos e nenas estar nun hospital. Ten, sen dúbida, -remarcou o conselleiro-, un impacto positivo nos pacientes, e facilita aos profesionais a interacción, xa que aumenta a tolerancia dos menores á asistencia sanitaria. Na súa intervención, o conselleiro felicitou e agradeceu á Fundación María José Jove, polo seu espírito solidario, os seus valores humanos, os seus intereses sociais, e a súa vontade de facer da nosa contorna un lugar mellor, en especial para os nenos e nenas.

 

Felipa Jove  recordou que “o compromiso da Fundación María José Jove coa mellora da calidade dos servizos e da atención sanitaria da infancia no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña data de 2007. Desde entón vimos desenvolvendo iniciativas que van dende o programa de terapia asistida cans para nenos do espectro autista, ao Fogar de Corazóns, que ofrece aloxamento para familiares desprazados de enfermos cardíacos, pasando polo programa de adestramento de coidados paliativos pediátricos, entre outros. O obxectivo seguirá sendo o de apoiar iniciativas que, coma estas, beneficien de maneira directa aos nenos, ás súas familias e aos profesionais da saúde”.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte Connosco
rss