O conselleiro de Sanidade visita as obras do novo centro de saúde de Ares
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
23 01 2018

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou esta mañá as obras do novo centro de saúde de Ares, que contará cunha superficie total construída de 1.354 metros cadrados, dos cales 1.174 serán útiles. O edificio que se está a construír beneficiará ás 4.840 persoas adscritas na actualidade ao centro de saúde.

 

As obras pretenden a ampliación e a modernización do edificio actual que duplicará o seu espazo e aumentará os seus servizos. O novo centro contará no baixo andar con seis consultas, unha delas de pediatría, coas súas salas de espera, sala de historias clínicas, habitación de toma de mostras ou analíticas e despachos, entre outras instalacións xerais da planta baixa. Pola súa banda, no primeiro andar habilitaranse tres consultas e dúas salas de enfermería, sala de educación da saúde, ademais doutras estancias coma despachos para xestión e coordinación, almacén ou consulta para matrona.
 
Visita ao centro de saúde A Capela
Así mesmo, o conselleiro de Sanidade visitou o centro de saúde de A Capela, que iniciou a súa actividade asistencial o 1 de decembro de 2017. O Sergas adxudicou a obra por 625.531,28 euros a esta infraestrutura que conta con 365,25 m2 de superficie útil.

 

O centro, que beneficia a 1.246 persoas, dos que 91 están en idade pediátrica, conta cunha consulta de medicina xeral, unha consulta de enfermaría, e dúas salas polivalentes (adaptadas a pediatría e atención á muller); ademais de todos os servizos necesarios para o correcto funcionamento do centro como arquivo, biblioteca/sala de xuntas/estar, ou almacén.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss