Almuiña apela ao carácter solidario da cidadanía para aumentar as doazóns
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
30 01 2018
 

 ​O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, lembrou a necesidade de continuar traballando para aumentar a sensibilización dos cidadáns a prol do solidario xesto da doazón. Así lembrou que, todos os días, os hospitais galegos precisan 500 doazóns para desenvolver o seu intenso labor asistencial.

Neste senso, Almuiña indicou que nestes momentos as reservas de todos os grupos sanguíneos están en niveis normais, polo que o chamamento é xeralizado á participación de todos os doadores e doadoras.
 
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, o xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, e a directora xeral de Recursos Económicos, María Jesús Piñeiro Bello, doaron sangue esta mañá nos edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Lázaro, acompañados pola directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Marisa López García.
 
Campañas informativas
A Consellería de Sanidade lembra que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue desenvolve campañas de sensibilización e información destinadas a promover os distintos xeitos de doazón, polo que convida aos cidadáns e ás empresas, institucións e colectivos procedentes de todos os ámbitos da sociedade galega a desenvolver iniciativas destinadas ao fomento dunha conciencia solidaria proclive á doazón de sangue.

 

Para iso, pon a disposición da cidadanía a súa web, ados.sergas.es; o enderezo de correo electrónico, doadoressangue.ados@sergas.es; o teléfono de información gratuíto; 900 100 828; e as súas páxinas nas redes sociais como xeito de comunicarse con ADOS ou resolver calquera dúbida relacionada coa doazón.

 

 
 
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss