O Sergas publica o modelo definitivo de respostas e as puntuacións provisionais para o ingreso en diversas categorías de persoal licenciado sanitario e de xestión e servizos
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
01 02 2018

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2018.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e as puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo especialista de área, médico de urxencias hospitalarias, médico de admisión e documentación clínica, médico de urxencias hospitalarias, médico coordinador do 061, médico asistencial do 061, odontólogo de atención primaria, pediatra de atención primaria, técnico superior en prevención de riscos laborais, traballador social, técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información.

O modelo definitivo de respostas, con indicación das preguntas anuladas e o seu motivo de anulación así como as puntuacións provisionais obtidas polos aspirantes presentados aos distintos exercicios da fase de oposición atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). Superaron a fase de oposición do proceso 2.027 aspirantes, o que representa unha porcentaxe global do 55,79 %.

As resolucións abren un prazo de cinco días hábiles contados a partir do día 2 de febreiro para que as persoas interesadas poidan presentar reclamación ante o respectivo tribunal de selección, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.
 
As reclamacións deberán presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberán dirixirse á sede do tribunal para os efectos de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
 
Habilitouse un enderezo de correo electrónico no que os aspirantes poderán dirixir as súas dúbidas ou consultas: oposiciones@sergas.es. Estas consultas non terán a consideración de reclamacións.
 
Próximas actuacións
Rematados os prazos de reclamación previstos en cada unha das resolucións publicaranse, no Diario Oficial de Galicia, as puntuacións definitivas dos distintos exercicios e o acordo de finalización da fase de oposición.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss