Os profesionais da Xerencia compostelá incrementaron a súa actividade en todos os actos programados, sexan de cirurxía ou consultas, tanto nos hospitais como en Atención Primaria
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
02 02 2018

Santiago, 2 de febreiro de 2018.- Os profesionais da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago incrementaron a actividade en case todos os ámbitos da xerencia compostelá, froito do compromiso pola calidade e eficiencia da atención sanitaria aos cidadáns da área compostelá.

Así, ao longo de 2017 ademais de incrementar a de ingresos hospitalarios, nas 42 salas cirúrxicas da xerencia compostelá realizáronse 35.009 intervencións cirúrxicas en total, 626 máis que o ano anterior, o 51% delas con ingreso. O 14 % da actividade foi de carácter urxente.

No referente á atención ambulatoria realizáronse un total de 771.155 consultas médicas hospitalarias (21.990 máis que o ano 2016). Delas 15.445 foron e-consultas, cunha capacidade de resolución de ata o 35%, polo que numerosos cidadáns da área compostelá evitaron acudir innecesariamente a unha consulta hospitalaria.
 
Pola súa banda o persoal de enfermería tamén incrementou a súa actividade, xa que realizou 95.291 consultas, 13.516 máis que o ano anterior.

O pasado ano realizaronse 650 consultas máis a través das vías rápidas desenvolvidas para a atención precoz de patoloxía oncolóxica, en total foron 3.655.
 
Outra das modalidades de atención ambulatoria que experimentou un gran crecemento, máis de 9.000 sesións, foron os hospitais de día, nos que os doentes reciben a medicación pautada durante o día, sen necesidade de ingreso hospitalario. No pasado ano realizáronse 62.842 sesións nos diferentes hospitais de día nos centros da xerencia compostelá.

Nos centros de saúde da área compostelá realizáronse 4.227.007 consultas sanitarias, case 80.000 máis que o pasado ano, incluída a actividade de Médicos de Familia, Pediatras, persoal de enfermería, matronas, fisioterapeutas, traballadores sociais, odontólogos e hixienistas dentais. Uns 30.000 doentes beneficiáronse do programa Conecta 72 polo que o persoal de enfermería contacta cos pacientes para facer un seguimento máis estreito tras recibir a alta hospitalaria.

A actividade en probas diagnósticas tamén experimentou un crecemento xeneralizado. Así, realizáronse 18.462 Resonancias Magnéticas, 1.676 máis que no ano anterior. Tamén se fixeron 768 TAC,s máis que no 2016, un total de 46.162. En 2017 realizáronse 21.387 endoscopias, 2.866 máis que no período anterior.

Na área de atención urxente rexístrase unha actividade estable, cun lixeiro descenso, xa que se atenderon 182.912 urxencias hospitalarias nos dous centros da xerencia compostelá (809) menos que no pasado ano. En canto á gravidade das urxencias triadas, apenas un 0,4% foron de cor vermella, as máis grave e un 6,8 % cor laranxa.

Nos Puntos de Atención Continuada da xerencia compostelá realizáronse un total de 265.119 asistencias, lixeiramente inferior que o pasado ano (-3.478 atencións) a porcentaxe de resolución mantense moi elevada, superior ao 90%.

A actividade de transplantes tamén se incrementou. O pasado 2017 realizáronse 84 transplantes de órganos, vinte máis que o anterior, 40 de ril e 44 de fígado.

Estes datos fixéronse públicos esta mañá no hospital Clínico, nunha rolda de prensa que ofreceu Eloína Núñez Masid, Xerente da Xestión Integrada de Santiago, xunto a outros membros do equipo directivo.



 

Saúdos,
Gabinete de Comunicación da Xerencia de xestión Integrada de Santiago

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss