A Consellería de Sanidade publica o Plan de Inspección de Servizos Sanitarios para o período 2018-2021 que prioriza as áreas de maior risco para a saúde
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
28 03 2018
O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, unha Orde da Consellería de Sanidade, pola que se aproba o Plan de  Inspección de Servizos Sanitarios para o período 2018-2021. O Plan recolle as liñas básicas de actuación dos efectivos da inspección, establecendo os obxectivos a desenvolver en cumprimento das funcións que teñen encomendadas en relación coa tutela das garantías e dereitos da cidadanía; o seguimento e control das prestacións sanitarias; así como o control dos centros, servizos e establecementos sanitarios.

Neste Plan do departamento sanitario autonómico establécense seis liñas de actuación: o control e avaliación das prestacións sanitarias; a tutela e garantía dos dereitos sanitarios de pacientes e usuarios; a inspección das prestacións do Sistema de Seguridade Social; a responsabilidade patrimonial derivada da asistencia sanitaria; a actividade disciplinaria e sancionadora; e a inspección en materia de medicamentos e produtos sanitarios.

Cómpre sinalar que cada unha das liñas básicas desenvolverase por plans parciais que priorizan aquelas áreas de maior risco para a saúde.
 
Como novidade, o Plan incorpora programas de control e avaliación das prestacións sanitarias para seguimento da prestación farmacéutica; inspección da prestación ortoprotésica e das terapias respiratorias a domicilio; control de reintegro de gastos e da facturación a terceiros; e avaliación do transporte sanitario. O obxectivo destes programas de control e a valiación é verificar o cumprimento da normativa vixente, evitar o seu uso inadecuado, detectar as posibles desviacións que se poidan producir e  propoñer as medidas correctoras necesarias.

Con este novo Plan, o departamento sanitario que dirixe Jesús Vázquez Almuiña contribúe, de xeito activo, a través das funcións inspectoras, a fomentar a mellora continua do sistema sanitario de Galicia, para cumprir coas expectativas e necesidades da cidadanía en orde á calidade e seguridade da asistencia sanitaria.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss