O CHUAC celebra por noveno ano consecutivo a xornada mundial da hixiene de mans
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
04 05 2018

As infeccións relacionadas coa atención sanitaria (IRAS) teñen un impacto, non só sobre o paciente, senón tamén económico, tanto pola prolongación da estancia como polo tratamento antibiótico que recibe, sen esquecer tamén a repercusión que ocasiona nos familiares.

En España, o estudo ENEAS (Estudo Nacional de Eventos Adversos) indica que as IRAS representan o 25% dos efectos adversos derivados da estancia hospitalaria, e considera que ao redor do 50% son prevenibles. I é aquí onde todos os profesionais sanitarios, familiares e acompañantes podemos actuar. Coñecendo que o principal mecanismo de transmisión dos xermes son as mans do persoal, non cabe dúbida de que a hixiene de mans é a principal medida preventiva, ademais de barata e sinxela, para evitar a adquisición destas infeccións. Con todo, está máis que comprobada a baixa adherencia do persoal sanitario á hixiene de mans.

Neste sentido, e co obxectivo de mellorar o coñecemento dos traballadores, a Xerencia de Xestión Integrada de A Coruña, por noveno ano consecutivo, celebra hoxe venres a Xornada Mundial da Hixiene de Mans, enmarcada dentro das actividades promovidas pola OMS e o SERGAS para a seguridade do paciente, sendo este ano o obxectivo principal da campaña a mellora da práctica da hixiene de mans para deter a propagación á resistencia aos antibióticos e, deste xeito, protexer aos pacientes de infeccións que poidan incrementar a súa morbi-mortalidade. O slogan deste ano é “ A LOITA CONTRA A RESISTENCIA AOS ANTIBIÓTICOS ESTÁ NAS TÚAS MANS” 

Durante a xornada distribuiranse folletos informativos sobre indicacións e técnica de hixiene de mans e entregaranse a todos os profesionais solucións de base alcohólica de peto, para que así realicen o devandito procedemento alí onde estean, sen necesidade de depender de auga e xabón.urante a xornada distribuiranse folletos informativos sobre indicacións e técnica de hixiene de mans e entregaranse a todos os profesionais solucións de base alcohólica de peto, para que así realicen o devandito procedemento alí onde estean, sen necesidade de depender de auga e xabón.

O lavado das mans con auga e xabón é unha das maneiras máis eficaces e económicas de previr mortes innecesarias. Esta práctica hixiénica reduce en máis dun 40% o número de mortes debidas á diarrea e nun 25% o número de casos en infeccións agudas das vías respiratorias. É unha actividade que xa moitos temos arraigada na nosa rutina diaria.

 

Todos, dende a nosa infancia, fomos educados para que na nosa vida cotiá nos lavemos as mans, e en determinadas circunstancias laborais a concienciación de realizar este acto aínda é maior; esta acción cobra una importancia vital sobre todo en verán, cando as atencións por enfermidades de contaxio vía alimentación se multiplican debido á pouca atención que lle prestamos a esta necesaria práctica, xa que debemos ter en conta que as nosas mans son o contacto co exterior, e por esa mesma razón, son as que levan contaminantes ao noso interior. Un xesto tan simple como lavarse as mans con auga e xabón pode ser a clave para a supervivencia de millóns de persoas.
Para poder alcanzar o obxectivo é necesario asegurar un compromiso, non só dos traballadores, senón tamén por parte do equipo directivo, xa que é importante que os profesionais perciban que a estratexia de hixiene de mans constitúe unha prioridade nos distintos centros que forman a XXI A Coruña. Compromiso máis que alcanzando desde a creación do Grupo de Mellora de Hixiene de Mans no ano 2009, mediante a posta en marcha de diferentes estratexias dirixidas á adhesión da hixiene de mans, como a localización de solucións de base alcohólica no punto de atención e formación do persoal involucrado na atención sanitaria.
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss