O conselleiro de Sanidade destaca ao persoal de enfermería como peza clave na asistencia
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
15 05 2018

​O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, acudiu hoxe ao Hospital Clínico Universitario, para presidir o acto de inauguración dunha Xornada de Enfermería da Xerencia do Sergas en Compostela, na que se conmemora o Día Internacional da Enfermería. Neste acto, o titular da carteira sanitaria do Executivo galego remarcou “o papel fundamental que desenvolve a enfermería na administración duns coidados de calidade, adecuados a cada contexto asistencial, sendo, por tanto, unha peza clave na asistencia”.

Tal e como sinalou Almuiña, “os profesionais de enfermería foron sempre un dos principais motores da engranaxe asistencial, a través da administración de coidados no marco de actuación profesional e de xestión que supón a asistencia integrada”.
 
O conselleiro remarcou que, dende o seu departamento, trabállase en novas formas de chegar ao paciente, “tendo en conta que o sector sanitario caracterízase polo seu dinamismo e capacidade innovadora, en todas as súas facetas en xeral, e en particular na área das tecnoloxías da información e a comunicación, onde as innovacións constantes posibilitan unha mellor atención ao paciente”. Ao respecto, sinalou que a ferramenta informática TELEA “é xa unha realidade coa que xa se está a traballar facendo seguimento dos pacientes con insuficiencia cardíaca, fibrilación auricular ou diabetes, permitindo aos doentes continuar o seu tratamento e seguimento no domicilio”.
 
Outro programa centrado na integración asistencial e destacado na intervención do conselleiro é o Conecta 72, que permite continuar a asistencia do paciente logo da alta dun proceso hospitalario.
O conselleiro dixo, tamén, que Sanidade está a traballar no desenvolvemento da nova historia clínica que incluirá unha estación de rexistro específica para enfermería.
 

Durante a xornada abordaranse diversos temas que, xunto coa implicación dos profesionais, supoñen, -dixo Almuiña-, “os elementos claves para poder garantir unha asistencia adecuada, que permita innovar e mellorar a atención ao paciente e a súa calidade de vida, que é o principal obxectivo do Servizo Galego de Saúde”. 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss