O Sergas publica os resultados definitivos do proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario sanitario
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
21 05 2018

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o anuncio polo que se dá publicidade á orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario: persoal de enfermería, persoal de enfermería da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, persoal de enfermería especialista en enfermería do traballo, persoal de enfermería especialista de saúde mental, persoal de enfermería especialista en obstetricia e xinecoloxía, facultativo de medicina de familia, de medicina de urxencias hospitalarias e de pediatría de atención primaria. 

En total xeráronse 13.540 inscricións, sumando as do anterior proceso coas de nova xeración. A categoría con maior número de solicitudes é a de enfermería, con 10.360 inscricións. O 7,3% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación de solicitudes do anterior proceso.
 
As listas definitivas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
 
As listas entrarán en vigor con efectos de mañá, día 22 de maio de 2018.
 
Próximas publicacións
Está previsto que proximamente se publiquen as listas provisionais de admitidos e excluídos e os resultados da baremación provisional no proceso de actualización das seguintes categorías: persoal facultativo especialista de área de psicoloxía clínica, farmacéutico de atención primaria, fisioterapeuta, logopeda, médico asistencial do 061, médico coordinador do 061, facultativo especialista de área de medicina do traballo, odontólogo de atención primaria, terapeuta ocupacional e traballador social.
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss