A XXI A Coruña dá a benvida aos 89 novos residentes que este ano comezan a súa formación nos centros sanitarios da Área
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
24 05 2018

Con motivo do acto de benvida da nova promoción de residentes que tivo lugar esta mañá, Luis Verde Remeseiro, xerente da Xerencia de Xestión Integrada de A Coruña, suliñou “a importancia que para os centros sanitarios supón a incorporación de novos profesionais en formación que estimulan aos propios integrantes da institución a manterse actualizados, transmitindo as súas experiencias para seguir formando especialistas de recoñecido prestixio a nivel nacional e internacional”.

Ademais de destacar que “entre todos intentaremos formar aos mellores profesionais e para iso ofrecémosvos a oportunidade de vos iniciar e progresar na investigación, xa que contamos con grupos consolidados de excelencia en liñas relacionadas coas enfermidades máis prevalentes, pero tamén as minoritarias. Aquí teredes a oportunidade de desenvolver o voso labor no eido da investigación biosanitaria. Unha organización ou un profesional que non investiga, que non se plantexa preguntas, está abocado a estancarse”.
Ao acto asistiron, ademais do Xerente da XXI A Coruña, o equipo directivo e todo o persoal facultativo dos centros dependentes.
A nova promoción componse dun total de 89 residentes (54 prazas de medicina hospitalaria, 18 prazas de medicina familiar, 14 prazas de enfermería, 1 de farmacia, 1 de psicoloxía e 1 de bioquímica) que se distribuirán polos hospitais Universitario A Coruña, Teresa Herrera, Marítimo de Oza, Abente y Lago e os centros de saúde.
Os futuros especialistas elixiron este centro sanitario pola súa calidade asistencial, contrastada nacional e internacionalmente nalgunhas áreas, á que se suma o renovado interese pola actividade investigadora, facilitando o acceso dos seus residentes á carreira académica mediante os programas de terceiro ciclo, as novas liñas de investigación en ciencias biomédicas e completando a súa formación coa programación de cursos de materias médicas e paramédicas.

 

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss