Sanidade e a Federación Galega de Irmandades de Doadores de Sangue colaboran no fomento da hemodoazón
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
02 08 2018

 

 


 

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2018.- O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o presidente da Federación Galega de Irmandades de Doadores de Sangue, Manuel Fonseca Gómez, asinaron  un convenio de colaboración para o desenvolvemento, por parte desta institución, da promoción da hemodoazón con todos os medios ao seu alcance, en coordinación co Servizo Galego de Saúde. O Servizo Galego de Saúde achegará 58.200 euros para o cumprimento deste convenio. O acordo estará vixente ata o 31 de decembro deste ano.

 


A Federación Galega de Irmandades de Doadores de Sangue agrupa a distintas asociacións que teñen como fin a promoción da hemodoazón en Galicia baixo a coordinación da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos. Con ese obxectivo, participan en campañas de radio e televisión, reparten materiais informativos, percorren concellos contactando directamente coa xente, promoven charlas e atenden todos os requirimentos dos doadores nas súas oficinas, persoal e telefonicamente.

SAÚDOS,

 

GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DE SANIDADE

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss